Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas
Imagen: .

Certificados usados e admitidos

Certificados usados

A sede electrónica do Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras utiliza un certificado de sede para a súa identificación e para garantir as comunicacións seguras, en cumprimento dos artigos 17 e 18 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novemb ro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. O devandito certificado de sede foi emitido pola ACCV e para o seu correcto funcionamento dende un navegador é necesario instalar o Certificado da Autoridade de Certificación Raíz: Root CA Generalitat Valenciana. Para a descarga e instalación do devandito certificado vaia a http://www.accv.es/administracion-publica/ayuda/descargar-certificados-digitales/. De igual forma, en cumprimento do artigo 18 da lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos e do artigo 19 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos creouse un selo electrónico como sistema de sinatura electrónica para a actuación administrativa automatizada, emitido pola ACCV.

Certificados admitidos

Comprobe os certificados de usuario admitidos na sede electrónica do IRMC en, Prestadores de Servizos de Certificación de Sinatura Electrónica